Servizo de adaptación de antenas TDT ante a chegada da rede 4G a Rois

A activación no Concello de Rois dos servizos da rede 4G na banda 800MHz  está a provocar diversas incidencias na recepción da TDT. Por este motivo, a Alcaldía do Concello de Rois emitiu un bando avisando aos veciños de que, no caso de ter problemas, poden solicitar a adaptación da antena da súa vivenda chamando ao teléfono gratuíto 900 833 999  ou a través da páxina web www.llega800.es.

O ofrecemento por parte das operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange dos servizos de rede 4G na banda 800MHz vai permitir acceder a datos móbiles de alta velocidade, mellorar a cobertura no interior das casas e ampliar a extensión xeográfica á que chegan.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), os operadores poñen en marcha Llega800. Esta é a entidade encargada de solucionar calquera incidencia na recepción do sinal de televisión. A adaptación da antena é gratuíta.