Sergio Navarro proclamouse vencedor do IV Enduro Concello de Rois, que se celebrou esta pasada fin de semana co gallo das Festas do Santo Isidro e que contou coa participación dos mellores pilotos do panorama nacional.
Cumpríronse os pronósticose e o piloto andaluz Sergio Navarro, campión do mundo de enduro Youth 2020 e pertenecente ao club Aleser, impúxose no IV Enduro Concello de Rois cun tempo de 1h.06:29, tralas trece series desputadas entre a tarde do sábado e a mañá do domingo.
Completaron o podio o catro veces campión de España e subcampión do mundo en E3 Jaume Betriu, do Moto club Segre; e o arxentino Nicolas Kutulas, que foi campión de España junior Open no ano 2019.
Nunha proba pasada por agua e na que participaron máis dun centro de pilotos, Roberto Magariños, do TX Race, foi o vencedor da categoría EI cun tempo de 48:52.16 e sen sumar ningunha penalización nas dez series das que constaba a proba. Por detrás del, quedaron Ramon Piñeiro, do A. Piñeiro Lift; e Diego Soneira, do Terras de Iria.
Pola súa parte, Juan José Vieites, do +Enduro 018, venceu en categoría E2 por diante de Daniel Rodríguez e Juan José Cano. Xa en E3, o campión foi Gonzalo Blanco, que se impuxo a Marcos Cano e Senín Cortizo, este último do Terras de Iria.
A clasificación en mulleres quedou liderada por Andrea Vallejo. Subiron tamén ao podio Ana Sánchez e Yovana Alonso.
Luis Miguel Montoya quedou primeiro en Máster, categoría na que Roberto Cierto e Iago Mallo foron foron segundo e terceiro, respectivamente.
As categorías sénior 2t e sénior 4t estiveron dominadas polo club vigués A Peroxa, que colocou nas primeiras posicións das mesmas a Alejandro Ruíz e Juan Fernández.