O Concello de Rois organiza un taller artístico multidisciplinar para axudar a toda a veciñanza a entender e facer arte dun xeito divertido. A actividade está dirixida a todo aquel que teña máis de 11 anos e será impartida por Camilo Seira, quen axudará aos participantes a explorar a súa cretividade para que saquen o artista que levan dentro. A inscrición farase na Casa Consistorial ata o 22 de novembro, cun custo de 20 euros ao mes.
O taller explorará todo tipo de disciplinas e técnicas relacionadas coa arte. Desde pintura, escultura, debuxo, colaxe, modelado, talla, técnicas mixtas… Ata todo o que se lles poida ocorrer aos participantes para que den renda solta á imaxinación e arte.