Celadores e alcaldes de barrio actuaron como paxes reais e antes do Nadal xa lles entregaron a todas as familias a felicitación navideña xunto co almanaque de Rois para 2021 e a revista Debullar, na que se recolle toda a información da actividade municipal ao longo do presente ano.
Rosalía de Castro é a protagonista da portada desde número 4 da revista, que se fai eco do mural vexetal que Camilo Seira lle adicou a poeta no multiúsos ou que o Concello de Rois volve colaborar coa Fundación converténdose en mecenas da Casa Museo.
Os vídeos das rutas das Penicias e de Castro Lupario e mais os de apoio ao comercio local, o segundo campionato de España logrado polo piloto de Urdilde Xurxo Neo ou o éxito da iniciativa ‘Rois cociña na casa’ son outras das temáticas que salienta Debullar nesta última edición.
Todo o contido deste número 4 da revista Debullar correspondente ao ano 2020 pode consultarse premendo aquí.