O venres 12 de maio, a partir das 5 da tarde no polideportivo de Rois, arrancaremos con xogos populares e globoflexia e proseguiremos coas actuacións de diversas agrupacións locais e da contorna: as Pandeireteiras de Ermedelo, OCT Chorima, as Repeniqueiras de Urdilde, as Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois, AC Rosalía de Castro de Padrón ou a Escola de Música e Baile Tradicional de Brión.
Ao rematar a festa, os asistentes han poder gozar dun saboroso chocolate con churros.
Esta actividade, encadrada na programación “Rois no Camiño das Letras Galegas 2017” contribúe, por sétimo ano consecutivo, a facer de Rois unha referencia cultural.