Rois remata as obras de mellora da estrada de Figueroa, financiada con fondos Feader

 O Concello de Rois acaba de rematar as obras de mellora da estrada que comunica Figueoa coa CP-7402, e que consistiron na mellora da drenaxe desta vía, o que vai redundar nunha mellora da seguridade vial.

O investimento nesta obra, que se enmarca no programa de mellora de camiños 2020-2021, superou os 38.000 euros. As actuacións estiveron financiadas polo Fondo e a obra estivo financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (Feader).