-
O Concello establece o protocolo recomendado polo Ministerio de Cultura
-
Os interesados deberán pedir cita previa, só accederá unha persoa por quenda e os libros devoltos permanecerán 14 días en corentena
O Concello de Rois abrirá o vindeiro luns a biblioteca municipal, situada no edificio multiúsos, seguindo o protocolo recomendado polo Ministerio de Cultura. Nesta fase 1 da desescalada só estará dispoñible o servizo de préstamo e devolución de libros, que deberá facerse con cita previa.
As persoas interesadas deberán consultar o catálogo virtual dos fondos bibliotecarios no enlace https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Unha vez elixida a obra que queren ler, poden chamar a biblioteca (981 816 061) para pedir cita e ir recoller ó libro ao edificio multiúsos.
Para acceder ao edificio multúsos só se permitirá unha persoa por quenda (os menores de 14 anos deberán ir acompañados por un adulto) e respectando sempre a distancia de seguridade e as medidas de hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.
Os libros prestados estarán en corentena 14 días unha vez devoltos, para evitar posibles contaxios a outros persoas usuarias. Durante esta fase, o horario de atención ao público da biblioteca será de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas de luns a venres. Neste horario serán cando haxa que recoller os libros. Para facilitar a devolución, e no mesmo horario de apertura, o concello habilitará unha caixa de correo na que se poden deixar os libros.