O Concello de Rois pon en marcha o programa Adestra a túa saúde, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo mellorar o benestar das persoas maiores de 60 anos mediante a práctica regular de actividade física.
A través deste programa, as persoas sedentarias de máis de 60 anos serán derivadas dende o centro de saúde ao promotor deportivo municipal. Este realizará unha avaliación individualizada do seu estado físico e elaborará un plan de exercicio personalizado, adaptado ás necesidades e capacidades de cada persoa participante e atendendo ás instalacións e recursos existentes no municipio de Rois e na súa contorna.
O seguimiento dos participantes realizarase durante nove meses coa idea de incorporar o exercicio físico aos seus hábitos cotiáns .
O promotor deportivo atenderá as persoas participantes no programa no multiúsos de Rois os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas. Estas citas fixaranse só dende o centro de saúde, polo que o Concello de Rois recomenda consultar co médico de familia no caso de algunha persoa queira beneficiarse do programa.
Con esta iniciativa, o Concello roisense aposta pola prevención e o envellecemento activo, promovendo un estilo de vida máis saudable.

















