Cartel cultura no CamiñoO Concello de Rois aposta unha vez máis polos espectáculos para toda a familia e organiza o programa “Cultura no Camiño”, que acollerá actuacións musicais e de maxia durante o mes de setembro. Magín Blanco e a Banda das Apertas, Uxía Lambona e a Banda Molona e  Cayetano Lledó serán os encargados de animar os días 13, 14 e 27 deste mes no Edificio multiúsos de Rois e nas inmediacións da Casa do Concello.

Rois organiza tres xornadas culturais baixo o programa “Cultura no Camiño”, que acollerá en primeiro lugar o espectáculo musical para toda a familia de Magín Blanco e a Banda das Apertas o vindeiro venres 13 de setembro a partir das 18.00 horas no Edificio multiúsos do municipio. Uxía Lambona e a Banda Molona chegarán ao concello o día seguinte (sábado 14 de setembro) para animar as inmediacións da Casa do Concello coa súa música ás 20.00 horas.  O broche final virá da man de Cayetano Lledó e o seu espectáculo de maxia “Lafayette Show”, que se celebrará o 27 de setembro ás 18.00 horas, tamén no Edificio multiúsos.

Toda a veciñanza da contorna está convidada a participar nestas actividades gratuítas e pensadas para que todos os membros da familia se divirtan.