O Concello de Rois é unha das entidades adxudicatarias da subvención á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos NestGenerationEu e do mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento da Unión Europea 2021/241. O Concello recibiu unha das axudas outurgadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para a modernización e xestión sostible do auditorio municipal.
Con esta axuda, o auditorio municipal dótase de melloras nas estruturas de apoio, maquinaria e iluminación escénica, son e audiovisuais existentes no equipamento, así como a mellora do edificio para a súa adaptación ao cambio climático.
Obxectivos do proxecto
Con esta achega da Agadic, o Concello de Rois quere acadar os seguintes obxectivos:
- Modernizar os sistemas dixitais de audio, mellorando o sistema de audio baseado nas últimas tecnoloxías de transmisión e enrutamento de audio dixital, coa dotación dun mellor sistema de sonorización, liñas de audio e microfonía e cableado.
- Modernizar os sistemas de iluminación dixital, coa dotación de luminarias e accesorios recomendados para unha sala das dimensións e características como a que nos ocupa. Debe matizarse que cada deseñador/a ten os seus propios requirimentos e sempre será necesario adquirir ou alugar certos elementos adicionais para determinadas representacións ou aplicacións particulares. Os focos e accesorios considerados teñen unha eficiencia enerxética alta ao ser do tipo led. O escenario estará cuberto luminicamente desde a correspondente estrutura traseira e as torres de rúa (burricanas). A iluminación para a zona frontal do escenario realizarase desde a estrutura frontal situada na sala.
- Modernizar e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático, mediante a mellora da climatización do espazo e a mellora da maquinaria escénica, coa dotación de panos e téxtiles escénicos que mellorarán o climatización e sonoridade do espazo e a construción de rampas para dar acceso á caixa escénica.