O Concello de Rois está a executar as obras para instalar unha caldeira de biomasa para mellorar o sistema de calefacción do centro de saúde e da propia casa consistorial contribuíndo ademais ao aforo enerxética ao optar por unha sistema enerxético máis limpo.
As obras están subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dentro dos proxectos de enerxías renovables térmicas, e tamén pola Unión Europea a través do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Coa instalación desta caldeira de biomasa conseguirase unha mellor eficiencia enerxética para conseguir unha economía máis limpa e sostible.
A previsión é que a mediados do mes de novembro a caldeira poida entrar xa en funcionamento.