O Concello de Rois porá en marcha o vindeiro luns, 8 de setembro, o servizo de Ludoteca escolar no CPI Os Dices, coa finalidade de facilitar a conciliación familiar xa dende o primeiro día do curso escolar. Este servizo ofrecerase tamén en Urdilde a partir de outubro se hai un mínimo de menores matriculados. O concello mantén aberto o prazo de matrícula, por se algunha familia quere anotarse.

O servizo de Ludoteca comezará ao rematar o horario escolar e desenvolverase de 14.40 ata as 16.40 horas durante este mes de setembro. No mes de outubro, o seu horario podería sufrir algún cambio en función dos horarios definitivos das actividades deportivas e culturais que oferta o concello.

O Concello de Rois tamén oferta a Ludoteca no colexio de Urdilde. Para poñela en marcha no mes de outubro requírese un mínimo de menores matriculados.

O alumnado que acuda a Ludoteca no CPI Os Dices non poderá utilizar o servizo de transporte escolar a saída do colexio. Dende o Concello lémbraselle a estas familias que deberán comunicarlle á dirección do centro os días non van utilizar o autobús ao rematar as clases. Para elo poden cubrir o formulario que se adxunta a entregarllo á dirección do centro esta mesma semana ou, como moi tarde, o luns a primeira hora da mañá.

As familias que non utilicen o transporte escolar tamén deberán entregar a notificación no colexio coa autorización para que o persoal da Ludoteca poida recoller os menores.