Unha adaptación da mítica canción dos Beatles ‘Obladi Oblada’, realizada polas profesoras Anna Melinkhova e Rut García, e o fío condutor do vídeo co que o Concello de Rois felicita o Nadal 2019 á veciñanza e visitantes.

O vídeo gravouse durante o concerto de Nadal que ofreceu o pasado 15 de decembro o alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois no auditorio municipal. O coro da ESMU interpretou ao final esta adaptación de ‘Obladi Oblada’ na que se fai mención ás vacacións de Nadal e a visita do Apalpador.

Con este vídeo dun minuto de duración, o Concello de Rois deséxalles á veciñanza e visitantes un Bo Nadal e próspero ano 2020.