O vindeiro día 25 celebrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, polo que o Concello de Rois organiza diferentes activiades dirixidas a mulleres para conmemorar unha data tan sinalada. As veciñas roisenses maiores de idade empadroadas no municipio poderán participar nos obradoiros de ioga e defensa persoal, que se desenvolverán os días 9 e 29 de novembro respectivamente, e na saída cultural á cidade portuguesa de O Porto prevista para os días 23 e 24 de novembro.
Por unha banda, o sábado 9 de novembro, ás 10.30 horas, o local multiusos de Rois acollerá un obradoiro de ioga. Por outra, o venres 29 de novembro, ás 18.00 horas, terá lugar o obradoiro de defensa persoal. Ambas as actividades teñen unha duración aproximada dunha hora e media, son exclusivas para mulleres maiores de idade empadroadas en Rois e son totalmente gratuítas.
O prato forte da programación chegará entre o 23 e 24 de novembro coa saída cultural a O Porto, Portugal, e pobos do seu arredor. As prazas son limitadas e seleccionaranse por orde de inscrición. O prazo para anotarse é do 11 ao 15 de novembro, ambos incluídos, e farase no Departamento de Servizos Sociais, ou na oficina municipal de Urdilde, presentando o DNI e o xustificante de pagamento dos 64 euros (por persoa) que custa a viaxe na conta que aparece no arquivo axunto a continuación.
Igual que no resto de actividades, as mulleres interesadas en participar deberán estar empadroadas no Concello de Rois e ser maiores de idade, mais neste caso tamén teñen que contar coa Tarxeta Sanitaria Europea.