Con motivo da celebración hoxe, 24 de outubro, do Día das Bibliotecas, o Concello de Rois presenta unha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

Esta data celébrase cada 24 de outubro para poñer en valor a importancia das bibliotecas como espazos de encontro e coñecemento, e para recoñecer o labor das persoas que as fan posibles. A conmemoración foi instaurada en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo en 1992.

A guía ten como obxectivo fomentar o hábito lector e ofrecer novas propostas para seguir descubrindo historias, autores e xéneros. Inclúe títulos para diferentes idades e intereses, desde contos infantís ata obras actuais de narrativa, poesía e banda deseñada.

O Concello de Rois agradece o traballo e a implicación do alumnado participante, así como a colaboración da Biblioteca Municipal, que continúa a ser un espazo de aprendizaxe, imaxinación e convivencia ao servizo da cidadanía.

Podes descargar a guía de lectura de Nadal no arquivo adxunto.