Rois celebra no mes de maio as festas patronais do Santo Isidro. Este ano 2020, por mor da pandemia da COVID-19, suspendéronse todas as actividades. Pero non por iso a veciñanza deixa de estar activa. Dende o Concello púxose en marcha una nova actividade, ‘Rois cociña na casa’ coa finalidade de dar a coñecer a iniciativa culinaria da veciñanza.
Delia, socia da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde, é a primeira en participar nesta iniciativa, ensinanos a facer un exquisito biscoito a través dun vídeo que se pode ver nesta nova e tamén nas redes sociais do Concello.
Persoas que forman parte de asociacións municipais vannos ensinar deliciosas receitas de todo tipo para que fagamos nas nosas casas. Agradecer o traballo a todas elas, coas que iremos contactando ao longo dos vindeiros días e semanas de confinamento.
Todas as persoas que queiran participar, poden gravar un vídeo durante todo o proceso, e amosando o prato ao final. O vídeo pódese gravar cun teléfono (poñelo preferentemente en horizontal) e despois envialo ao enderezo electrónico cultura@rois.es