O Concello de Rois pecha esta última semana de agosto o programa ‘Móvete no verán’, unha iniciativa que durante os meses de xullo e agosto encheu de exercicio, saúde e bo ambiente as parroquias de Rois e Urdilde.
Máis de 40 alumnas participaron nas sesións de zumba e pilates, dúas disciplinas que combinaron actividade física e momentos de convivencia. Durante as semanas que durou a programación, as participantes tiveron a oportunidade de manterse en forma, mellorar hábitos de vida saudable e compartir experiencias nun ambiente distendido e divertido.

Desde o Concello destacan o éxito da iniciativa e agradecen a implicación e entusiasmo das participantes. Ademais, lembran que estas propostas enmárcanse na aposta municipal por promover o deporte e o benestar durante todo o ano, con programas adaptados a diferentes idades e colectivos.


















