Rois aproba os orzamentos 2022 no pleno e tamén as obras do POS

A Corporación de Rois celebrou esta mañá un Pleno extraordinario de carácter eminentemente económico, xa que na sesión se aprobaron os orzamentos para o presente exercicio, que ascenden a case catro millóns de euros, e tamén as obras que se van solicitar no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, con máis dun millón de euros nos diferentes apartados.

Os presupostos para este exercicio foron aprobados cos seis votos a favor do equipo de goberno (PP) e tres en contra do PSdeG. Dos 3.948.298 euros cos que contará o Concello este ano, a maioría destinaranse para pagar o funcionamento dos servizos que se poñen a disposición da veciñanza, con 1.993.040 euros. Os gastos de persoal (1,26 millóns) e os investimentos reais (512.061 euros) son as partidas máis significativas do apartado de gastos, que se completa con outros 173.600 euros para as aportacións benéfico asistenciais, becas, cultura, deportes e o funcionamento da escola infantil de Rois e o centro de día de Urdilde.

No apartado de ingresos, o Concello recibirá 2,017 millóns de euros das aportacións que fan outras administracións, outro millón trescentos mil euros serán polo cobro de impostos directos e indirectos e 354.000 de taxas.

Durante o debate, os socialistas indicaron que este orzamento “reflexa as prioridades do goberno” e como non se sentían reflexados votaron en contra. 

O alcalde considera os orzamentos realistas, que axudarán a mellorar a calidade de vida da cidadanía e que tenta priorizar as necesidades da veciñanza segundo os recursos dispoñibles.

Rois aproba os orzamentos 2022 no pleno e tamén as obras do POS

Plan de Obras de Se rvizos

Si houbo unanimidade no plan de obras e servizos da Deputación da Coruña, no que vai participar o Concello de Rois, e que conta con tres grandes liñas de actuación.

Así, no Plan Único de Concellos (POS+ 2022), Rois solicitan 195.839 euros para fianciar gastos correntes e 87.384 para o a condicionamento de viarios en Figueiroa, o que representa un total de 287.401 euros.

No POS+ adicional 1/2022 para financiar gastos sociais extraordinarios, solicítanse á deputación 68.543 euros. Con eles preténdese ampliar o persoal técnico e administrativo vinculado a este departamento (30.496 €), ampliar as partidas municipais para axudas de emerxencia social (25.000 €), ampliar o servizo de axuda no fogar (8.000 €), reforzar as axudas económica para respiro familiar (2.000 €) e medidas sociais extraordinarias (15.000 euros).

A terceira partida do POS correspóndese coas obras do Plan complementario, que conta cun orzamento total de 813.839 euros, e que inclúen obras de afirmado e acondicionamento de diversas estradas. En concreto a pista da AC308 a Sabacedo (148.343 €), da DP7402 a Albagueira (112.139), de Sorribas a Vilar de Abade (58.433), da AC301 a Leroño e a Casa do Vento (144.049), no Pazo e de Cernán a Vilariño (103.564) dende Seaxe ata o límite municipal con Brión (128.111) e varias pistas de Seaxe a Francelos (119.196 euros).O POS foi aprobado por unanimidade dos dous grupos presentes na sesión.