A Corporación de Rois aprobou esta mañá por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable que elaborou o Concello para mellorar a calidade de vida da cidadanía e loitar contra o cambio climático.

O alcalde recordou que o Concello de Rois sumouse ano 2019 ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, que promove a Unión Europea, para loitar contra o cambio climático. Xa dende 2015 o Concello ven realizando accións para o aforro enerxético e reducir a emisión de CO2 a atmosfera, colocando luminarias led, ou calefacción con caldeiras de biomasa en edificios públicos.

Dende o PSOE Manuel Regueira considerou bo o plan, polo que o seu grupo apoiou a iniciativa. Regueira preguntou o motivo polo que o equipo de goberno non aprobara no 2017 unha iniciativa socialistas para facer un estudio de cambio de luminarias a tecnoloxía led.

O tenente alcalde Manuel dos Santos contestoulle que o Concello levaba xa dende 2015 colocando lámpadas led no alumeado público, e que utilizaban esta tecnoloxía cada vez que era preciso renovar algunha luminaria. Motivo polo que se rexeitou a moción socialista en 2017.

Podes consultar o PACES de Rois no documento adxunto