O Concello de Rois anima aos nenos e nenas do municipio a escribirlle a carta de Nadal aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, segundo as preferencias de cada quen, para vivir coa ilusión de sempre estas datas máxicas.

Para facilitarlles o traballo, o Concello pon a disposición de nenas e nenos un modelo de carta que cada quen debe encher coas súas peticións para estas datas.  Despois poden deixalas nas caixas de correo habilitadas nos centros educativos, na casa do concello e no multiúsos. Aqueles que prefiran mandala por correo electrónico, deben enviala ao enderezo cultura@rois.gal.

Estas cartas pódense descargar nos arquivos adxuntos. Hai dous modelos, un en maiúsculas e outro en minúsculas, para que cada neno e nena poida escoller a que mellor se lle adapte.