O Concello de Rois mantén aberta ata o 8 de novembro as inscricións para participar nas rutas guiadas por tramos da senda Rosalía nos Camiños, una ruta de sendeirismo inspirada na obra ‘En las orillas del Sar´da autora galega e que transcorre por algún dos lugares máis importantes na vida e na obra de Rosalía de Castro.

O percorrido completo da ruta é de 16 quilómetros, que se dividirán en tres tramos. Cada un deles percorreráse en tres xornadas distintas nos meses de novembro e decembro. O primeiro tramo, de 3,2 Km, transcorrerá polo municipio de Dodro e celebrarase o 13 de novembro. O 26 de novembro, será a etapa de Rois e as persoas participantes percorrerán unha distancia de 6 quilómetros. O terceiro tramo e último, o de Padrón, de 6,44 quilómetros de distancia, farase o 3 de decembro.

As persoas interesadas en participar deberán remitir un mail cos seus datos persoais (nome e apelidos, teléfono e domicilio) ao enderezo electrónico inscricions@rois.gal. Os grupos son reducidos. Unha vez inscritas recibirán unha mensaxe no que se indicará o lugar de saída de cada tramo.

A ruta de sendeirismo Rosalía nos camiños é un proxecto promovido polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Trátase dunha senda circular, e de dificultade moderada, cun percorrido á beira do Sar que permite descubrir as fermosas paisaxes de Terras de Iria que inspiraron á escritora galega máis universal.