Desde hai uns días Galicia vén sufrindo unha vaga de calor que supón un incremento do risco de incendios, cuantificado no Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) que pode ser consultado na páxina da Xunta de Galicia nesta ligazón (prema aquí). O IRDI contempla 5 niveis desde baixo (1) ata extremo (5). Durante a época de perigo alto (3) o uso calquera artefacto pirotécnico, sempre relacionado coa festa, está suxeito á previa autorización do Concello.

Para os casos de risco extremo (5) o Concello non poderá conceder autorizacións para esta fin, e do mesmo xeito se durante o día da celebración o IRDI sexa extremo consideraranse revogadas as autorizacións emitidas.

Do mesmo xeito, recordar que o lanzamento ou manipulación de material pirotécnico en zonas rurais só poderá ser realizado por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial da actividade. A autorización non exhime das responsabilidades por danos e perdas en caso de neglixencia.

Para calquera dúbida, a nota informativa da Xunta de Galicia pode ser consultada no arquivo adxunto.