23 de xullo de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación total obtida polas aspirantes no proceso de selección dun/ha técnico/a de igualdade, así como o nomeamento dunha persoa para o posto e a apertura dunha listaxe de agarda

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto. 

13 de xullo de 2021

Faise pública a acta de valoración do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a contratación temporal dun ténico/a de igualdade polo procedemento de concurso-oposición e entrevista persoal. 

A resolución fixa tamén a data da segunda proba (caso práctico) para o día 15 de xullo de 2021 ás 9.30 horas no salón de sesións do Concello de Rois. Ao rematar, faráselle ás candidatas a entrevista persoal.

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto. 

7 de xullo de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía coa relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación temporal dun ténico/a de igualdade polo procedemento de concurso-oposición e entrevista persoal. 

A resolución recolle tamén a composición do tribunal cualificador e fixa a data do primeiro exercicio para o día 13 de xullo de 2021 ás 9.30 horas no salón de sesións do Concello de Rois.

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto.

 

11 de xuño de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal dun ténico/a de igualdade polo procedemento de concurso-oposición e entrevista persoal. Encargarase do desenvolvemento e dinamización de políticas de igualdade en coordinación coa Deputación da Coruña no marco do I Plan de acción de políticas de igualdade na provincia da Coruña. O contrato prolongarase dende o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2021.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases reguladoras, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e o modelo de solicitude.

prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, polo que remata o 21 de xuño