O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, continúa a impartir formación. Actualmente están en marcha o Obradoiro de empregabilidade e dinámicas de grupo e os cursos Operacións auxiliares de almacén e Ofimática. Nestes cursos as persoas participantes reciben formación en técnicas de buscade emprego; elaboración de currículos vitae e dinámicas de grupo; operacións auxiliares de almacén como son os pedidos, control de stocks, facturación e ofimática básica.
Entre os cursos que xa remataron están o de Inglés de 100 horas e o de Coaching laboral de 30 horas, que serviron de complemento á formación adquirida no Programa Integrado. Ata o momento impartíronse 22 accións formativas que fan un total de 1.888 horas lectivas, ademais de asinárense convenios de prácticas non laborais con empresas, grazas aos cales o alumnado acadou emprego na empresa onde realizou as devanditas prácticas. Tamén se contactou con empresas de distintos sectores e tramitáronse distintas ofertas de emprego. Xunto coas accións formativas séguense a realizar accións de intermediación e orientación laboral para mellorar a empregabilidade do conxunto de participantes.
Podes ver máis fotos relacionadas con esta nova premendo neste enlace.