A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO – LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019. Entre os lugares nos que se levarán as accións atópanse as Illas Cíes, as Fragas do Eume, as Illas de Ons, o Parque Natural dos Ancares e o Complexo dunar de Corrubedo, entre outros.
Requisitos para participar:
– Ter entre 18 e 30 anos
– Residir en Galicia
– Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
– Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.
As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.
Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.
Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Inscricións: www.xuventude.xunta.es
Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal
Páxina web: www.xuventude.xunta.es