O Concello de Rois xunto con Get Brit organiza un ano máis o programa de inmersión Lingüística en Londres durante os días 10 e 44 de xullo de 2019. A viaxe está dirixida á veciñanza de entre 10 e 17 anos e inclúe voo, aloxamento en residencia e conta con posibilidade de financiación. O alumnado da escola de idiomas contará cun 5% de desconto.

O día 8 de marzo ás 20.00 horas celebrarase unha reunión informativa no Auditorio Municipal para explicar detalladamente en que consistirá o programa.