Hugo Rodríguez, Rodrigo García, Luisa Caroline Ziel e Leire García gañan en Rois o XIX Premio Ciclista do Santo Isidro

Máis dun cento de ciclistas das categorías cadete, júnior e elite-sub23 feminina competiron este sábado nas estradas de Rois A proba, puntuable para a Copa Galicia do Porvir, reuniu a clubs de toda Galicia nun percorrido circular con saída e chegada na Casa do Concello

Hugo Rodríguez, Rodrigo García, Luisa Caroline Ziel e Leire García gañan en Rois o XIX Premio Ciclista do Santo Isidro Ler máis »

Cultura Dispersa 2026 comeza o 16 de maio en Costa e levará actuacións ás doce parroquias de Rois

  • O Concello mantén a súa colaboración coas festas parroquiais a través dunha programación cultural repartida ao longo do verán
  • O programa está elaborado en coordinación coas comisións de festas e coa rede asociativa do municipio

Cultura Dispersa 2026 comeza o 16 de maio en Costa e levará actuacións ás doce parroquias de Rois Ler máis »

Rois avanza en eficiencia enerxética e protección ambiental con investimentos da Xunta por valor de 64.000 euros

  • As actuacións inclúen melloras en instalacións deportivas e a adquisición de novo equipamento para a conservación do territorio
  • A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o municipio acompañada polo alcalde, Ramón Tojo

Rois avanza en eficiencia enerxética e protección ambiental con investimentos da Xunta por valor de 64.000 euros Ler máis »

‘Rois no camiño das Letras Galegas’ encherá maio de música, literatura, deporte e teatro

  • A ampla e variada programación coa que o Concello celebra o mes das Letras Galegas desenvolverase entre o 8 e o 31 de maio
  • O edificio multiúsos acollerá unha exposición dedicada a Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano
  • A música será protagonista no Serán da Lingua e nos Concertos de Primavera da Escola municipal de música de Rois
  • As inscricións para a VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, que se celebrará o domingo 17, estarán abertas ata o día 13 en www.emesports.es

‘Rois no camiño das Letras Galegas’ encherá maio de música, literatura, deporte e teatro Ler máis »

Rois renderá homenaxe ao taberneiro José Luis Franco Pérez no Santo Isidro Labrador 2026

  • O rexente da taberna A Carballeira será recoñecido por máis de catro décadas de dedicación á hostalaría local
  • O creador de contido Gabi García Calvo será o pregoeiro das festas patronais
  • O xantar popular terá un prezo de entre 10 e 30 euros e as entradas poderán retirarse ata o 11 de maio
  • A programación inclúe propostas musicais, actividades familiares e citas deportivas ao longo do mes

Rois renderá homenaxe ao taberneiro José Luis Franco Pérez no Santo Isidro Labrador 2026 Ler máis »