Pilar Freire Esparís anima ás novas xeracións “a manter todo o acadado en materia de igualdade e a seguir loitando por novos avances”

  • O alcalde, Ramón Tojo, entregoulle esta tarde o III Premio 8M do Concello de Rois no auditorio municipal
  • Profesora de Historia Económica na USC é un referente na investigación por visibilizar o tempo e o traballo da muller
  • A USC premiouna por introducir a perspectiva de xénero na investigación e na docencia
  • Dedicoulle o galardón as súas familias, as súas fillas e aos seus netos

Pilar Freire Esparís anima ás novas xeracións “a manter todo o acadado en materia de igualdade e a seguir loitando por novos avances” Ler máis »

O PAI de Rois abre prazo matrícula do 1 ata o 20 de marzo para recibir aos menores en abril

  • Neste primeiro curso terán preferencia para acceder ao centro os menores empadroados en Rois
  • As primeiras crianzas entrarán no centro o 7 de abril, despois das vacacións de Semana Santa
  • A empresa Aurora, Pilar y Ana SL foi a adxudicataria na licitación establecida polo Concello e xestionará o PAI

O PAI de Rois abre prazo matrícula do 1 ata o 20 de marzo para recibir aos menores en abril Ler máis »

Cartel Día da Muller 2026

O Concello de Rois conmemora o 8M coa entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís e un programa centrado na cultura e na igualdade

  • O acto institucional celebrarase o venres 6 de marzo ás 17.30 horas no Auditorio Municipal
  • A xornada incluirá a lectura da declaración institucional, a entrega de premios do concurso escolar de carteis e a proxección dun documental sobre Maruja Mallo

O Concello de Rois conmemora o 8M coa entrega do III Premio 8M a Pilar Freire Esparís e un programa centrado na cultura e na igualdade Ler máis »

O ‘Cancioneiro popular do Concello de Rois’ recolle máis de 3.000 cantigas populares

  • Clodio González Pérez recompilou as pezas durante máis de trinta anos e dedícalle o libro “ás mulleres e homes que fixeron posible este cancioneiro, especialmente ás avoas do alumnado dos colexios de Urdilde e de Rois”
  • O alcalde, Ramón Tojo, asegura que a obra “é moito máis ca unha publicación. É memoria viva, identidade compartida e patrimonio colectivo que temos que preservar e transmitir”.
  • Valentín García: “Moi poucos concellos  teñen un cancioneiro deste volume e que recolle variantes de cada aldea. Hai que ser orfebre para facer iso”
  • Agrupacións roisenses interpretaron algunhas das pezas do libro nun auditorio municipal cheo de xente

O ‘Cancioneiro popular do Concello de Rois’ recolle máis de 3.000 cantigas populares Ler máis »

Convocatoria de selección de Xuíz/a de Paz substituto/a

O Concello de Rois abre o proceso para a elección de Xuíz/a de Paz substituto/a, de acordo co establecido na Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.

As persoas interesadas que reúnan os requisitos legais dispoñen de 20 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), para presentar a súa solicitude dirixida á Alcaldía no Rexistro Xeral do Concello de Rois. >

Convocatoria de selección de Xuíz/a de Paz substituto/a Ler máis »