Asemblea de Entidades Locais pola Lingua

20181025 Normalizacion 02Rois é un dos 20 concellos que impulsan a creación da Asemblea de Entidades Locais pola Lingua, unha asociación que nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.

Na xuntanza inicial, celebrada o xoves 25 de outubro no Pazo de Raxoi en Santiago, participaron o tenente de alcalde, Manoel dos Santos, e a técnica de normalización lingüística, Inma Seage. >

Asemblea de Entidades Locais pola Lingua Ler máis »