ROIS VOLVE HOMENAXEAR A NOSA MÚSICA TRADICIONAL CO SERÁN DA LINGUA

O venres 12 de maio, a partir das 5 da tarde no polideportivo de Rois, arrancaremos con xogos populares e globoflexia e proseguiremos coas actuacións de diversas agrupacións locais e da contorna: as Pandeireteiras de Ermedelo, OCT Chorima, as Repeniqueiras de Urdilde, as Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois, AC Rosalía de Castro de Padrón ou a Escola de Música e Baile Tradicional de Brión. >