Cabalgata dos Reis Magos

Os Reis Magos percorreron as parroquias de Rois subidos nun tráiler, acompañados por moitas nenas e nenos do concello. Despois de realizar a tradicional ofrenda na Igrexa de Oín, as Súas Maxestades foron recibidas polas autoridades locais e repartiron agasallos e doces entre os pequenos e pequenas que os foron ver ao edificio multiusos de Rois.

Divernadal en Rois

Máis de cen nenos e nenas de entre tres e quince anos participaron no Divernadal en Rois, que remata mañá. A programación de actividades foi moi variada, podendo realizar desde xogos e manualidades ata actividades deportivas, pasando tamén por dúas saídas moi especiais: unha ao cine e outra, onte mércores, á pista de patinaxe sobre xeo.