A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 400 euros complementarias ao Bono Social do Estado e evitar os cortes luz

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria de concorrencia non competitiva para a que os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 15 de decembro, tanto de xeito presencial como telemático

  • Os apoios, que van dos 250 aos 400 euros anuais, están dirixidos aos consumidores con máis dificultades e garantirán un acceso continuado a esta necesidade básica

BonoSocialElectrico 1A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas complementarias ao bono social do Estado grazas ás que os consumidores máis vulnerables poderán evitar os cortes de subministración eléctrica nos seus fogares. >

Tres espectáculos de compañías galegas de referencia forman o cartel da segunda Mostra de Teatro de Rois

  • O ciclo celébrase entre o venres 19 e o domingo 21 de outubro con propostas para público adulto e infantil
  • Talía Teatro, Malasombra e Títeres Cachirulo poñen en escena as súas propostas no Auditorio Municipal
  • As entradas son de balde e deberán retirarse media hora antes de cada función

Tres espectáculos de tres compañías de referencia conforman este ano o cartel da II Mostra de Teatro de Rois, que se celebra na fin de semana do 19 ao 21 de outubro. >

‘A galiña dos ovos de conto’

20181010 Obradoiro Galiña CartelA actividade creativa A galiña dos ovos de conto chega a Rois o vindeiro mércores 17 de outubro ás 18.00 h. Trátase dunha narración oral e obradoiro de plástica a cargo de Electra Menéndez Muñoz, dirixida a nen@ desde os 5 anos. >

Xornadas de iniciación á Marcha nórdica

20181009 beneficios Marcha nordicaO mércores día 10 dará comezo a actividade de Marcha nórdica. As xornadas de iniciación son gratuítas e celebraranse todos os mércores do mes de outubro. Os participantes sairán do edificio multiusos de Rois ás 11.00 da mañá.

Estas primeiras saídas servirán de toma de contacto cun deporte de resistencia, a marcha nórdica, que ten moitos beneficios para a saúde. >