20190225 Podium 01

Sesenta deportistas, acompañados dos seus cans, participaron onte na terceira edición do Mushing Concello de Rois, no que os atletas corren a pé, en bicicleta ou en patíns unidos por correas aos seus animais, que son os que marcan o ritmo e tiran dos participantes.

Despois dunha soleada mañá percorrendo os montes de Seira, as clasificacións desta proba, promovida pola Asociación de Cans Deportistas (Acade) e o concello de Rois quedaron do seguinte xeito:

Categoría de Canicross

Senior Masculino: Óscar Piñeiro (Kennel Den), José Luis Miguéns (Senbal Team) e Santiago Santiago (A. Gómez

Veterano Masculino: Alejandro Gómez (A. Gómez), Roberto Salvado (Acade) e Alejandro Castro (Zarkokan)

Sénior Feminino: Mónica Touriño (Acade), Esther Bargiela (Canicross Vigo) e Sonia Lois (Acade)

Infantil Masculino: Bruno Eves (A. Gómez)

Infantil Feminino: Julia Salvado (Acade)

Categoría de bike-joring

Senior Masculino: Fernando Pérez (Senbal Team), Daniel García (A, Gómez) e Raúl Bouzas (A. Goméz)

Veterano Masculino: Roberto Salvado (Acade), Alejandro Gómez (A. Gómez) e Marcos Otero (Acade)

Categoría patín

Patín Senior: Alejandro Gómez (A. Gómez), Eloy Suárez (Kennel Den) e Óscar Piñeiro (Kennel Den)

Relevos

Acade e Zarkokan

A proba contou coa colaboración da Federación Galega de Deportes de Inverno, Agrobotina, Silmaplast e Abulancias Nordés

Album de fotos no facebook do Concello de Rois (preme aquí)