Cartel cos horarios nos que os Reis Magos visitarán as parroquias de Rois o día 5 de xaneiro

Nenas e nenos de Rois volverán recibir este ano a visita dos Reis Magos, logo de que o ano pasado se puxeran en contacto con eles por videoconferencia. Non obstante, aínda que en principio estaba previsto facer unha festa no pavillón dos Dices, o aumento dos contaxios por coronavirus nos últimos días levou a que o Concello acordase coas súas Maxestades un percorrido polo municipio coa fin de evitar aglomeracións.

Deste xeito, os Reis Magos se achegarán a cada unha das parroquias de Rois ao longo do día e pararán nos campos da festa para poder conversar coas nenas e nenos. A primeira parada farana en Rois ás 10.45 horas e rematarán a visita ás 19.30 horas en Oín. Durante o percorrido, haberá varias sorpresas e actuará a agrupación folclórica OCT Chorima.

Un aotubús trasladará as Súas Maxestades entre unha parroquia e outra, polo que durante este percorrido non se repartirán caramelos non será posible ver. Para ver aos Reis é necesario achegarse ao campo da festa ou punto de encontro de cada parroquia.

Dende o Concello, prégase ás persoas que se acheguen a ver aos Reis que cumpran coas recomendacións marcadas polas autoridades para frear o avance da pandemia, en especial o uso da máscara e a observación da distancia social.

Aquí podes ver o vídeo que gravou o alcalde para todas as nenas e nenos trala súa reunión cos Magos de Oriente.