FSE CONSELLERIA GALICIA

O Concellos de Rois, xunto cos de Padrón e Dodro, está a promover un obradoiro de emprego sobre o sector turístico dirixido a dez mozas e mozos menores de 30 anos que estean desempregados, teñan o titulo de Bacharelato ou un ciclo superior de FP e estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil. Os interesados poderán solicitar máis información nos tres concellos participantes o antes posible, pois está previsto que o obradoiro comece a finais de setembro.

Financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, este obradoiro desenvolverase durante 6 meses, incluíndo a parte teórica e práctica. Baixo a denominación Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018, o alumnado seleccionado poderán formarse na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante. Ademais, durante o medio ano de duración, as mozas e mozos seleccionados terán un contrato de formación e aprendizaxe que lle permitirá cobrar un salario.

Ao rematar o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018 o alumnado recibirá o certificado de profesionalidade correspondente.

Poderán anotarse a este obradoiro de emprego as mozas e mozos de Rois, Padrón e Dodro que teñan entre 18 e 30 anos que estean desempregados e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito de Galicia. Non é obrigatorio que figuren como demandantes de emprego, sempre que cumpran coa normativa vixente para poder firmar un contrato de formación e aprendizaxe.

No caso de que non se cubran as prazas con candidatos destes tres municipios, ampliarase a selección a mozas e mozos de concellos limítrofes, dando prioridade a aqueles concellos que non teñan proxecto de obradoiros de emprego.

Durante o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2018 o alumnado recibirá formación sobre as seguintes temáticas:

Actividade de creación de paquetes turísticos culturais e naturais; creación de produtos turísticos aproveitando recursos culturais e naturais da comarca, traballo diario de potenciación do turismo nas redes sociais, actualización da páxina web Terras de Iria e atención da oficina de turismo de Padrón e dinamización.

As bases íntegras desta convocatoria pódense consultar na páxina web do Concello de Rois, neste enlace