• O Concello modifica as bases para facilitar a participación

  • Os traballos deberanse enviar ao correo electrónico 

    cultura@rois.es



O Concello de Rois decidiu modificar as bases do Certame Literario e o concurso de Carteis do Santo Isidro facilitando que as persoas que desexen participar e enviar os seus traballos o poidan mandar por correo electrónico nas datas establecidas e poder seguir a diante cos dous certames.

A prolongación do estado de alarma anunciado polo presidente do Goberno este domingo ata o 11 de abril, e o que motivou ao Concello de Rois a modificar as bases nos dous certames, para que os traballos se poidan enviar por correo electrónico dentro das datas establecidas.

Nos dous casos, aínda que se poidan presentar os traballos por mail, os gañadores de cada certame deberán presentar os traballos orixinais para poder recoller o premio.

As bases modificadas, e o boletín de inscrición pódense descargar nos documentos adxuntos.

O prazo para enviar os carteis para promocionar as Festas do Santo Isidro Labrador deberán remitirse antes do 14 de abril, ás 14.00 horas. Os autores deberán mandar unha fotografía do cartel e, noutro documento, o boletín de inscrición. Os carteis débense confeccionar en formato A-3 vertical.

Polo que respecta ao Certame Artístico e Literario. O prazo depresentación de traballos remata o 20 de abril.