O premio ciclista Santo Isidro Trofeo Blanco Villar xuntou esta mañá en Rois a 140 deportistas entre as seis categorías participantes, convertendo esta edición na máis numerosa das dezaséis celebradas. Na entrega de premios participaron o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e Jesús Blanco Castro, fillo do famoso corredor Jesús Blanco Villar, que da nome a este trofeo.
O equipo do Club Ciclista Padronés-Cortizo copou o podio na categoría junior masculina, e o portugués Landeiro fixo o mesmo en categoría cadete masculina. Nesta edición participaron corenta corredoras das catro categorías participantes (cadete, junior, sub-23 e elite).
Os ciclista tiveron que dar varias voltas, segundo a categoría, a un circuito circular con saída e chegada diante da casa consistorial e que pasada por Antegueira, A Pontenova, Oín e Samil.
As clasificacións da proba quedaron do seguinte xeito:
Cadete masculino: Gonçalo Rodrigues, José Salgueiro e Guilherme Santos
Cadete feminino: Lorena Patiño, Alejandra Neira e Ivet Ivanova.
Junior feminino: María Filgueiras, Lara Fuentes e Marta Estévez.
Junior masculino: Lucas Piñeiro, Alejandro Crende e Tomás Pombo.
Sub-23 feminino: Carla Fernández, Laura Mira e Claudia GarcíaElite feminino: María Jesús Barros, Bryony Izzard e Irene Trabazo.