Divernadal 2022

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para as actividades de conciliación e ocio do Divernadal, dirixido a nenos e nenas a partir de 4º curso de Educación Infantil. As familias interesadas poden solicitar praza cubrindo o formulario que se atopa neste enlace. O prazo de inscrición remata o luns 21 de novembro 

O Divernadal inclúe obradoiros en Rois e Urdilde, servizo de amencer e saídas de lecer ao cine, á pista de xeo e á cidade de Vigo para visitar o alumeado de Nadal. A asistencia á excursión a Vigo o 30 de decembro será gratuíta para os nenos e nenas que se matriculen no programa completo do Divernadal. Os asistentes ao Divernadal por días soltos que desexen facer a excursión deberán aboar 10 euros.

Ademais de axudar a conciliar a vida laboral e familiar. O Divernadal ofrece un espazo de ocio e aprendizaxe para a cativada durante as vacacións de inverno. 

Desenvolverase entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro (agás os festivos). O horario, de 9.30 a 14.30 horas, pode ampliarse co servizo de amencer, que comeza ás 7.30 horas. A inscrición pode realizarse ata o luns 21 de novembro cubrindo o formulario que se atopa na páxina web municipal, neste enlace.O prezo do Divernadal é de 50€ sen amencer e de 65€ con este servizo; mentres que as familias que opten por días soltos deberán abonar 5€ por día ou 10€ se desexan tamén o servizo amencer.