O pleno do Concello de Rois pechou hoxe a lexislatura cunha sesión extraordinaria na que se aprobaron as actas pendentes e se despediu aos concelleiros que non repetirán no próximo mandato, que comeza o sábado.

Dos integrantes da presente Corporación despedíronse como concelleiros Olimpio Iglesias (BNG) e Pere Manuel Tobaruela (Xente de Rois).

Ao rematar a sesión, os concelleiros asistentes ao pleno fixéronse unha foto de familia.