O Pleno do Concello de Rois aprobou hoxe a moción do Partido Popular na que se pide ao presidente do Goberno de España que compareza para dicir o que vai facer e explicar o pacto cos independentistas que lle permitiu chegar á Moncloa. A iniciativa foi aprobada cos votos a favor do goberno local (7) e en contra dos socialistas (3 votos), que criticaron o contido da moción..

Na primeira sesión ordinaria do ano, o pleno rexeitou cos votos do PP a moción socialista que lle reclamaba á Xunta de Galicia unha maior limpeza dos ríos e regatos e que se acompañe de dotación económica o traspaso aos municipios dos tramos urbanos dos ríos e regatos. Dende o goberno local explicaron que Augas de Galicia xa está limpando os cursos dos ríos do municipio e animaron aos socialistas a debater esta moción no Parlamento de Galicia.

A outra moción socialista reclamando a elaboración dun plan municipal de igualdade e fomentar a formación en igualdade da veciñanza e dos representantes políticos, que defendeu Patricia Ces tamén foi rexeitada. O alcalde, Ramón Tojo, respondeulle que o Concello levaba dende 2019 traballando xa nun plan de igualdade e que todas as accións que se desenvolven dende o Concello xa contemplan medidas de igualdade entre homes e mulleres.

sesión rematou co punto de rogos