O Pleno da Corporación de Rois aprobou esta mañá en sesión extraordinaria a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2020 cos votos a favor do equipo de goberno popular (7) e en contra do grupo socialista (3).
A Conta Xeral 2020 xa fora sometida a exposición pública, e despois da aprobación definitiva de hoxe será remitida ao Consello de Contas.
A preguntas do portavoz socialista, a interventora municipal explicou que o nivel de endebedamento do Concello é do 28,5%, moi lonxe do límite legal, que supera o 115%.