Por causa do paso por Rois da derradeira etapa de La Vuelta ciclista a España o domingo 5 de setembro, o Concello informa de que ese día vanse efectuar cortes de tráfico nalgunhas estradas do municipio entre as 14.00 e as 20.15 horas.
En concreto, as estradas e treitos afectados serán os seguintes:
- AC-301 dende O Castro a Antequeira.
- DP-3302 dende Antequeira á Pontenova.
- CP-7401 dende A Pontenova ata Urdilde.
- AC-543 dende A Calle ata Macedos.
A etapa, unha contrarreloxo individual semellante á etapa final de La Vuelta 1993, desenvolverase entre Padrón e Santiago. A saída do primeiro corredor dende Padrón está prevista para as 16.31 horas.