O pasado venres, 8 de marzo, o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción de Rois, Padrón e Dodro organizou unha “Ruta Literaria”, na que o alumnado do curso de Promoción turística local e información ao visitante puxo en práctica os coñecementos adquiridos. Ademais, a ruta conmemorou o 182 aniversario de Rosalía de Castro e o Día Internacional da Muller.

Os lugares visitados foron a Casa -Museo Fundación Rosalía de Castro, Xardín Botánico-Artístico de Padrón e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela.