O vindeiro lus, a veciñanza de Rois ten unha nova cia coa cultura, na que os nenos serán os grandes protagonistas. Nesta ocasión, o grupo infantil de Teatro Vacalouras estreará a obra E agora que? dentro dun programa que inclúe tamén a entrega dos premios literarios e de pintura que organiza todos os anos o Concello de Rois.
Dirixido pola actriz roisense María Ordóñez, Teatro Vacalouras sigue animando a nenas e nenos gozar co teatro e a subirse ao escenario. Despois de varios meses de ensario, e respectando sempre a normativa sanitaria, os catro integrantes do grupo infantil amosarán no auditorio do multiúsos o seu potencial como actores e actrices.
Ademais da obra de teatro, farase tamén entrega dos premios do Certame artístico e literario 2021 de relato breve e poesía, e tamén se entregará o premio á artesá Sonia Ares, que foi a gañadora do concurso de carteis do Santo Isidro 2021.
No multiúsos tamén se poderá ver unha exposición con algúns dos traballos realizados no Taller de arte e creatividade impartido polo artista roisense Camilo Seira.
Debido á normativa sanitaria, o aforo ao auditorio municipal será limitado. As persoas que desexen asistir deberán reservar entrada enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@rois.gal ou chamando ao teléfono 981 816 061.