Os equipos de badminton das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Rois, nas categorías benxamín e alevín, competirán este xoves, 28 de febreiro, na fase comarcal Noia-Costa da Morte, acompañados polo seu adestrador Rodrígo Sanjurjo.

Na categoría alevín desprazaranse para competir Sara Conde, Zaitra Baliña, Xurxo Neo, Losi Rabuñal e Adrián Neo. Na categoría benxamín competirá Eloi Fariña. 

Moite sorte a todas e todos os xogadores. Agardamos que disfrutedes da xornada.