O Concello de Rois abre o mércores 5 de febreiro o prazo de inscrición do DiverEntroido, campamento destinado a favorecer a conciliación das familias con fillas/os en idade escolar durante as vacacións de Entroido e que inclúen xogos, deportes, manualidades ou música.
As actividades desenvolveranse en Rois e en Urdilde os días 3, 4 e 5 de marzo, en horario de 9.30 a 14.30 horas. A maiores, para aquelas familias que o precisen estará dispoñible o servizo de amencer dende as 7.30 horas.
O prezo do DiverEntroido é de 18€ sen amancer, e de 19,5€ con este servizo. As familias poderán desfrutar dun 15% de bonificación na matrícula partir da/o segunda/o filla/o, se son familias numerosas ou monoparentais ou se algún dos seus membros ten unha discapacidade recoñecida de máis do 33%.
Aquelas familias que estean interesadas en participar neste campamento de conciliación de tres días de duración pódense anotar a través do formulario en liña que está dispoñible na páxina web municipal, na sección de xestións e trámites. O prazo de inscrición rematará o venres 21 de febreiro.
Pódese solicitar máis información no edificio multiúsos de Rois (981 816 061) ou enviando un mail a inscricions@rois.gal.