Máis de 140 persoas percorreron onte o municipio de Rois participando no Día da Bicicleta, que rematou co sorteo de numerosos agasallos e co espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona. José Manuel Cerneira Santiago, de 70 anos e veciño de Rois, foi o máis veterano da proba, mentres que o máis novo que fixo o percorrido pedaleando foi Juan Vigo Lapido, de 4 anos, tamén veciño de. Rois. Houbo tamén 11 participantes menores de 3 anos que ían en portabebés ou en remolques, de entre eles, Lola Rodríguez Osorio, que cumpriu un ano en xuño, foi a máis nova. Para os tres houbu un agasallo especial.
Os demáis deportistas participaron no sorteo de numerosos agasallos donados polas casas colaboradoras como Gadis, Pedra Santa, Froiz o Ciclo Sport Blanco Villar. Unha bicicleta de montaña e unha cea para dúas persoas do restaurante Pedra Santa foron os máis apreciados polos participantes.
Na tarde de hoxe, os participantes percorreron 20 km polo municipio de Rois, saíndo da casa do concello e pasando por Antequeira, A Pontenova, A Meana, Seaxe, Tourís, Francelos, O Sisto, A gandariña, Angueira de Castro, en cuxa área recreativa puideron repoñer forzas nun posto de avituallamento. Despois continuaron por O Sisto, Francelos, Tourís, Seaxe, A Mena, Lamego, praia fluvial, Seira, Oín e Antequeira, para rematar diante da casa do concello, onde se sortearon os agasallos.
O rematar a parte deportiva, Uxía Lambona e A Banda Molona foron os encargados de amenizar a tarde cun concerto musical que fixo as ledicias, sobre todo, da cativada.
Album de fotos no Facebook do Concello de Rois (preme aquí)