Dende o día 1 de xullo pódese solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois a Tarxeta Moedeiro, para que aquelas familias en situación de vulnerabilidade económica pola crise da covid-19 poidan adquirir produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

Segundo o acordo acadado entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella, é esta entidade quen entrega a tarxeta. Ten unha contía que oscila entre os 450 e os 900 euros trimestrais, en función do número de membros da unidade familiar. A tarxeta pode ser recargada mensualmente durante 3 meses.

O seu uso está limitado a establecementos de alimentación, hixiene e farmacia. Para a xustificación é imprescindible o gardado dos tickets ou facturas dos establecementos. Para unha información máis detallada prema no enlace do arquivo adxunto.