O Concello de Rois celebrou unha nova edición do seu concurso de tarxetas de Nadal, unha iniciativa dirixida a fomentar a creatividade artística entre o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos do municipio.
O xurado, formado por Gloria Lestido Beiró (representante do profesorado), Uxía Pérez Pose (representante do persoal municipal) e Laura Vidal Bralo (representante das ANPAS), reuniuse hoxe para avaliar os traballos presentados e decidiu os seguintes gañadores:
- Na categoría de 1º a 3º de educación infantil: o alumnado da Galiña Azul de Rois.
- En 4º a 6º de educación infantil: Álex López Rodríguez, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.
- En 1º e 2º de primaria: Anxo Fabeiro Domínguez, de 1º de primaria no CPI Os Dices Rois.
- En 3º e 4º de primaria: Idaira Vilariño Maseda, de 4º de primaria no CPI Os Dices Rois.
- En 5º e 6º de primaria: Lía Seco Ares, de 6º de primaria no CEIP O Pumar Urdilde.
- Na categoría especial de colaboración con persoas adultas: Lía Ríos Fernández, de 4º de infantil no CEIP O Pumar Urdilde.
A tarxeta seleccionada para enviar como felicitación institucional do Concello este Nadal foi a de Lía Seco Ares, gañadora da categoría E.
Todos os participantes recibirán un diploma como recoñecemento á súa implicación nesta iniciativa, que cada ano destaca polo alto nivel creativo dos traballos presentados.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro, ás 18:00 horas, no auditorio municipal, antes da representación da obra Carapuchiña Vermella, incluída na programación de Outono Miúdo.