A Corporación de Rois gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da dina que hai un ano asolagou Valencia despois do pleno no que se aprobou o POS+ Adicional 4/2025. O Concello vai destinar a gasto corrente os 213.780,07 euros da partida que lle corresponde ao Concello no adicional 4/2025 do Plan único de concellos da Deputación da Coruña.

Ramón Tojo defendeu na sesión que a proposta do equipo de goberno popular e dedicar a gasto corrente este plan adicional da Deputación da Coruña para destinar os 213.780,07 euros que lle Corresponden ao Concello de Rois para gasto corrente relacionado coa recollida de lixo e alumeado público.

Dende a oposición, o grupo socialista considerou que non procedía destinar este gasto corrente a esas partidas. 

A proposta foi aprobada cos votos a favor do PP (7) e o voto en contra do PSdeG (2).Ao rematar o Pleno, a Corporación gardou un minuto de silencio o día que se celebra o primeiro aniversario da dina de Valencia.

A Corporación gardou un minuto de silencio en memoria das víctimas da dina no primeiro aniversario da traxedia